Eventos pasados:



Festa 30 aniversario da Escola de Música “Aulos”

23/Jun/2011 - 23:00

Academia Aulos

A nosa filosofía como ensinantes é potencia-lo sentido da música co que nacemos todos, desenvolve-la capacidade creativa dos alumnos para facer composicións propias e axudar a todo o mundo a comparti-lo goce da música. Que tódalas persoas, dende os nenos ata os adultos e dende os pri…


Día Europeo da música: Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández

21/Jun/2011 - 23:00

Entrada libre

Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández, músicos da beira atlántica nunha partilla oceánica.Moitas travesías feitas en múltiples proxectos: Berrogüeto, Espido, Xabier Díaz trío, Nordestinas… e agora xuntos nunha viaxe única e especial na que fan repaso dos seus repertorios e…


The Mirage / The Jolly Rocker

18/Jun/2011 - 23:30

The Mirage

The Mirage continúa a súa andadura trala crise sufrida coa vacante do vocalista e tralo final da xira “Revolución Tour 09/10” que levou a formación a tódolos recunchos deste país. Na recta final desta xira, acompañou ao grupo un vocalista de excepción en calidade de colaborador; pero non…


Unicornibot / Mullet

17/Jun/2011 - 23:30

Festa de fin de curso da Escola de Lourdes.

Mullet

Mullet nace como idea no 2008 pero é en 2009 cando se consolida a formación actual. A música de Mullet non se rexe por ningún criterio concreto nin abstracto. A música de Mullet non se rexe,por nada. Como viraventos dislocados, xiran sobre a túa…




Aguardiente Swing Trío

11/Jun/2011 - 23:30

Cuarteto alacantino de instrumentos de corda (3 guitarras e un contrabaixo) fundado no ano 2000 que fai tributo ao Swing e ao Jazz dos anos 30 e 40. Despois dun ano de actuacións pola zona de Levante, Aguardiente swing quartet dase a coñecer a nivel nacional dando unha serie de actuacións con gran…


Maraya Zydeko

10/Jun/2011 - 23:30

A palabra Zydeco provén, di a tradición, da expresión les haricots (os feixóns) que, segundo algúns autores, era a forma na que xente branca denominaba, despectivamente, aos negros libres do delta do Mississippi, e, segundo outros, derivaba dunha canción popular de orixe francesa chamada Les haricots…


Pablo Costas

9/Jun/2011 - 23:00

Nace en Cangas. Xa de moi novo comezou a tocar en bandas locais: Pronóstico Reservado, Keimakasas, Sinnania. Dedicouse durante uns cantos anos a facer música por encargo sobre todo para teatro… Gañador do certame “VAS SACAR NOTA”, organizado Pola Radio Galega, con “Matrícula de honra”. Presenta agora…


Carlos Blanco

4/Jun/2011 - 23:30

Porque hai quen fai pop rock, ou funk, ou rap… mais o de CARLOS BLANCO é Folk Oral. Un xeito de facer as cousas, de facer rir, de improvisar; de revisar o día a día deste país noso. Que xa é revisar! Pero de “buen rollo”, digamos. Un estilo máis que un título. Unha marca.

O contar caótico volcánico…


Pé de Boi

3/Jun/2011 - 23:30

Proxecto musical nado no ano 95. Ao longo dos anos, a formación do grupo foi mudando, o que propiciou a aposta por diversos estilos musicais en cada proxecto, inventándose de novo a través da multicultura e a mestura...

Despois da última xira con "Ano de brétema", presenta un novo traballo discográ…


Mikel Urdangarín / Rico McClarrin & Marcos Coll Blues Band

2/Jun/2011 - 23:00

Mikel Urdangarín

Parece que a Mikel as cancións lle saen espontáneamente, que non pon trabas á música que leva dentro, e escoitamos as súas cancións con facilidade aínda que o traballo de composición fora complexo. Con esa espontaneidade publicou os seus primeiros traballos, “Haitzetan” e “Badira hiru…


Festa XXV Aniversario de Amnistía Internacional en Lugo.

28/May/2011 - 23:30

  • A Volta do Agro
  • Pilocha
  • Anxo Moure
  • Os Miñotos
  • Ana Carreira e máis.

    Entrada de balde.

http://www.es.amnesty.org/index.php


Edu Manazas & Whiskey Tren

27/May/2011 - 23:30

Edu Manazas & The Whiskey Tren

Todos os compoñentes colaboraron (en directo e en disco) co mellor do blues nacional e internacional: Tonky Blues Band, Ñaco Goñi, Phil Guy, etc. No transcurso de máis de 1.000 actuacións, percorreron a xeografía ibérica actuando en centros culturais, salas integradas…


Jam Session Rock & Blues

26/May/2011 - 23:00

Organiza: Fábrica de sons. Entrada de balde.

http://www.fabricadesons.es/


Clavijazz trío

25/May/2011 - 23:00

Aproveitando a oportunidade de ter en Galicia ao saxofonista cubano “Chepe” dunha calidade fora de toda dúbida,que conta no seu “Currículum” con relacións, colaboracións…con músicos intenacionais destacados como Giovanni Hidalgo, Free Hole Negro,membro da Orquesta de jazz de España Fonjazz”… fixemos…


Szabo- Silvera Tango Trío / Dry Martina

21/May/2011 - 23:30

Dúas propostas musicais diferentes para unha noite diferente:

Szabo- Silvera Tango Trío (Arxentina)

O trío Szabo- Silvera Tango créase no 2008. O seu repertorio inicial, ademais de contemplar arranxos e adaptacións de tangos clásicos, manifesta unha clara inclinación ao Novo Tango, onde prevalecen…


Raynald Colom Quartet.

20/May/2011 - 23:30

Raynald Colom, que se converteu nunha das realidades máis fértiles do jazz de todo o estado español e europeo, presenta…


Track Dogs

19/May/2011 - 23:00

Antes coñecida como "Garrett Wall Band", é a banda integrada por catro guiris afincados en España que deciden cambiarlle o nome no 2011. Agora, baixo o novo nome, os Track Dogs gravaron o seu terceiro disco xuntos e acaban de lanzarse co single "Move a Mountain". -Rock a cajón y clarín-. Track Dogs…