FA CE LA Fest presenta: Tropigóticas+The Black Wizard

9/May/2024 - 10:30pm

FA CE LA Fest presenta: Tropigóticas+The Black Wizard

A metade panameña é Sol, a metade galega Natalia. Xuntas son Las Tropigóticas, dúo inspirado no cine made in Caliwood dos colombianos .Unha estética fantástica e vampírica con sabor a chicha morada que trasladan aos seus temas:un furacán de garaxe punk primitivo. Con xa tres discos The Black Wizards chegarán ao Facela para empaparnos da súa psicodelia, fuzz e groove, de son expansivo e hipnótico. Unha das bandas de rock portuguesas das que máis se está a falar.