Saltanocribo

16/May/2011 - 11:00pm

Traspasando as fronteiras do pasado e do agora, atopados na fala e atopados na escoita, co murmurio do Sarria que acariña ao pasar As Aceas, nace Saltanocribo. ¿Qué é Saltanocribo? É unha nova formación integrada por músicos cun longo percorrido; membros de Xarín, Gaiteiros do Incio, de Os Eoas, A Quenlla que actuaron en distintos  lugares de Galicia, Francia e Portugal. "Estamos unidos pola inquedanza de remexer nas nosas músicas de raíz e pola ilusión de facer algo novo, abríndonos a diversas influencias. Unidos, e na espera de gustar, fundamentalmente de gustar a todos os que nos escoiten".

  • Luis: gaita e clarinete
  • Pablo: violín
  • José Manuel: acordeón
  • Carolina: voz e pandeireta.
  • Ismael: percusión
  • Rebeca: bombo e percusión
  • Suso: frauta e gaita
  • Braulio: guitarra

http://saltanocribo.net/

http://www.myspace.com/saltanocribo