Raynald Colom Quartet.

20/May/2011 - 11:30pm

Preséntase despois de que o seu último disco, "Evocación", fose recoñecido pola crítica coma “o mellor disco de jazz español 2009” da man da prestixiosa revista Cuadernos de Jazz.

Raynald Colom, que se converteu nunha das realidades máis fértiles do jazz de todo o estado español e europeo, presenta en formato de cuarteto, un amplo percorrido tanto pola súa música como pola doutros que él considera as súas fontes de inspiración. Cunha voz propia dentro do jazz, Raynald Colom non deixa nunca de perseguir ese groove tan contaxioso que o caracteriza. Raynald Colom preséntase co seu cuarteto formado por él á trompeta, Jordi Farrés, á guitarra, Jordi Gaspar ao contrabaixo e Joan Terol á batería.

"Raynald Colom é unha referencia imprescindible da escena jazzística local, española e internacional. "Evocación" antóllase coma unha das simbioses máis brillantes, abertas e complexas da maridaxe do jazz co flamenco " Esteban Linés -Agosto. 2009- La Vanguardia.

  • Raynald Colom: trompeta
  • Jordi Farrés: guitarra
  • Jordi Gaspar: contrabaixo
  • Joan Terol: batería

http://www.myspace.com/raynaldcolom