Pé de Boi

3/Jun/2011 - 11:30pm

Proxecto musical nado no ano 95. Ao longo dos anos, a formación do grupo foi mudando, o que propiciou a aposta por diversos estilos musicais en cada proxecto, inventándose de novo a través da multicultura e a mestura...

Despois da última xira con "Ano de brétema", presenta un novo traballo discográfico, “Somos Nós”, ecléctico, cargado de sorpresas e multitude de esencias. Moita marcha e letras servidas con ironía. Raizame galega, música balcánica, sons insulares, folk, funk, rock, jazz, rumba flamenca, algún que outro debuxo de rap…, xunto coa forza da xa habitual corda de metais da formación, son algunhas das pinceladas que trazan este novo “cadro musical” que nos mostra Pé de Boi.

  • Ilda: acordeón e piano
  • Óscar: guitarras
  • Xesús: baixo
  • Diego: saxos
  • ** Manue**l: trombón
  • ** Fernando**: trompeta
  • Lolo: fliscorno
  • Juan e Suso "Besta": percusións

http://www.pedeboi.es/ http://www.myspace.com/grupopedeboi