Noite dobre: rock e máis…

13/May/2011 - 11:30pm

Zootropa fórmase no verán do 2008 a partir dun primeiro proxecto musical que se chamaba El Consuelo. Gravan un E.P “... tu Nombre a la Luna”. Na actualidade, o grupo conta con 14 temas propios, que forman o groso do seu repertorio, e algunhas versións (Pearl Jam, Rolling Stones, Neil Young, etc.).
ZOOTROPA pretende facer rock en castelán dunha forma orixinal e cun son diferente ó que se pode escoitar dentro do panorama musical da Península Ibérica. A banda está influenciada polo rock de Seattle (USA) de grupos como Pearl Jam ou Audioslave, por músicos como Jimi Hendrix ou Frank Zappa, bandas como Led Zeppelin ou polo grupo nacional Los Enemigos. As características principais do conxunto son o seu intenso directo e a súa paixón á hora de interpretar e transmitir as cancións aos espectadores

  • Jacobo Rodríguez: voz e guitarra
  • Roberto Méndez: baixo
  • Guillermo Méndez: batería e coros
  • Gabi Grandío: guitarra.

http://www.myspace.com/zootropa

The last but One: Esta formación viguesa, nova na escena musical galega, vén disposta a irromper con forza nos nosos oídos grazas ao son auténtico e visceral que esmiúza. Dispáranos temas propios nos que o blues, southern, soul, country e rock de raíces se axitan sen parar na cocteleira de sons dun quinteto nacido a mediados do 2009, froito das inquietudes musicais de dous vellos amigos tras longas noites deambulando polo madrileño barrio de Malasaña. Ecos aos anos máxicos do rock, entre as súas versións e influencias podemos destacar a Bob Dylan, Grateful Dead ou The Allman Brothers Band.

  • Bosco Gil: voz
  • Marcos “Frost” Ferreiro: guitarra
  • Xabier Reboreda “Rebo”: percusión
  • Borja López: baixo
  • Iago: ventos.

http://www.myspace.com/thelastbutone