Mikel Urdangarín / Rico McClarrin & Marcos Coll Blues Band

2/Jun/2011 - 11:00pm

Mikel Urdangarín

Parece que a Mikel as cancións lle saen espontáneamente, que non pon trabas á música que leva dentro, e escoitamos as súas cancións con facilidade aínda que o traballo de composición fora complexo. Con esa espontaneidade publicou os seus primeiros traballos, “Haitzetan” e “Badira hiru aste”, nos cales se inclúen temas que a xente segue a cantaruxar, moitas veces sen saber que son de Mikel Urdangarín, coma se fosen cancións populares, de toda a vida. E iso é o mellor que lle pode pasar a unha canción.

A viaxe a Nova Iorque en marzo do 2003 xunto a Rafa Rueda, Bingen Mendizábal, Mikel Valverde e o propio Urdangarín deu como resultado o libro- CD “Zaharregia, txikiegia agian”, composto por cancións e poemas recitados.

  • Rafa Rueda: guitarra eléctrica
  • Bingen Mendizábal: violín de sete cordas
  • Mikel Urdangarín: voz, guitarra.

http://www.mikelurdangarin.com/

Rico McClarin & Marcos Coll Blues Band

Un dos mellores shows de música negra que se poden ver actualmente en Europa, o de Rico McClarin & Marcos Coll. O cantante, batería e actor de Miami Rico… McClarin traballou con lendas do talle de George Clinton ou Jaco Pastorius. Destaca a súa versatilidade, que abarca dende os blues rudos e esgazados ata as baladas soul. Marcos Coll está considerado un dos mellores instrumentistas de harmónica de Europa.

O resto da banda está formado por Fred PG á guitarra e Carlos Dalelane ao baixo, isto fai unha idea da súa internacionalidade, cando os músicos proceden de lugares tan dispares como Estados Unidos, Francia, Mozambique…

  • Rico McClarrin: batería,voz
  • Marcos Coll: harmónica
  • Fred.P.G.: guitarra
  • Carlos Dalelane: baixo

http://www.myspace.com/marcoscoll