Javier Vercher

29/Apr/2011 - 11:30pm

Valencia 1978:comezou a estudar clarinete, piano e solfexo ós 6 anos. En 1996 gradúase no Conservatorio "Joaquín Rodrigo" de Valencia co Título de Profesor de Clarinete. Nese mesmo ano comezou a estudar Jazz, asistindo a varios seminarios con profesores como Perico Sambeat, Kurt Rosenwinkel e Chris Cheek.

En 1997 élle concedida unha bolsa de estudos da AIE para o estranxeiro. Foi un dos tres músicos elixidos para recibir esta prestixiosa bolsa en España. En 1998 matricúlase na Berklee College of Music de Boston. Alí estuda con Frank Tiberi, George Garzone, Greg Hopkins and David Johnson entre outros. Tamén asiste a "Workshops" con músicos do talle de Jerry Bergonzi, Mark Turner, Curtis Fuller, Bob Mintzer… No outono do 2000, obtén o Bachelor's Degree of Music .

Dende o 1998 ata o 2000, foi membro do grupo do lendario batería Bob Moses. Despois, Javier ten tocado con Jorge Rossy, Jeff Galindo, Robert Glasper, Lionel Loueke, George Doncev, Mathias Kunzli, Quincy Davis…

Actualmente reside en New York onde traballa co famoso cantautor Chip Taylor… e está metido en varios proxectos. Acaba de sacar o seu último traballo:”Wish You Were Here” que virá presentar neste IV Ciclo da Cervexa 1906 con xente tan importante como Dave Kikoski ao piano.

  • Javier Vercher:saxo tenor
  • David Kikosky: piano
  • Dee Jay Foster: contrabaixo
  • Ferenc Lemeth: batería.

http://www.javiervercher.net/