Edu Manazas & Whiskey Tren

27/May/2011 - 11:30pm

Edu Manazas & The Whiskey Tren

Todos os compoñentes colaboraron (en directo e en disco) co mellor do blues nacional e internacional: Tonky Blues Band, Ñaco Goñi, Phil Guy, etc. No transcurso de máis de 1.000 actuacións, percorreron a xeografía ibérica actuando en centros culturais, salas integradas en circuítos musicais e festivais…

Da grande man de “Edu” (un dos mellores bluesman brancos), recrean os diferentes ritmos do blues (shuffle, funky, latin, etc.) dentro dos máis variados estilos (south side e west side de Chicago, texano, de Luisiana, de Mississippi...) de compositores e artistas co prestixio de Muddy Waters, Willie Dixon, Magic Sam, B.B. King, etc. Tamén nos agasallarán con temas propios. Música de calidade avalada pola experiencia e a profesionalidade desta banda,que segue a visitarnos cada ano.Por nós que siga así...

  • Edu Manazas: voz e guitarra
  • Pino Sambataro: batería
  • Oskar González: guitarra
  • Phineas S. P.: baixo

http://www.myspace.com/edubighandswhiskeytren