Día Internacional do Jazz

30/Apr/2012 - 11:30pm

Proclamado día internacional do jazz pola UNESCO (por fin)

Despois dos concertos, haberá unha jam session para celebrar esta dedicación.


Sés

Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues ata a pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest, escóitase una descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. María Xosé Silvar presenta os temas en “modo desenchufado” e acompañada do guitarrista Tito Calviño. Silvar colaborou con outros grupos e artistas por exemplo Zënzar ou Xabier Díaz; canta con Bocixa un dos temas de A tribu, o último disco da mítica banda rockera de Cerceda. Formada na música e no baile tradicional, dá clases de baile e pandeireta na Coruña. No 2007 crea xunto a tres amigos Chámalle Xis!, grupo ganador do concurso A Coruña Son.

  • María Xosé Silvar “ Sés”: voz e guitarra
  • Tito José Calviño: guitarra

Sánchez & Galiana Dúo

Javier Galiana (Cádiz). Pertence á primeira promoción da Escola Superior de Música de Cataluña. Acompañante habitual de Manu Chao nas súas últimas xiras, crítico improvisado de flamenco e piano... intenta «no hacer demasiados planes a largo plazo» senón deixarse levar e oír mentres goza coa música como forma de vida. «Cuando veo que gente tan buena como Daniel Domínguez, Alba Carmona, Paco Weht y Ernesto Aurignac tocan conmigo, soy consciente de la suerte que tengo» asegura alguén que di «estar a la cola» dese listado de pianistas gaditanos que son Domínguez, Lavilla, Juan Gómez ou Miguel Ángel López.

Julián Sánchez (Granada). Probablemente o trompetista de jazz máis valorado de España na actualidade. É membro de proxectos como Flamenco New Sound con Chano Domínguez, Flamenco Big Band de Perico Sambeat, Horacio Fumero Trío, Big Band de Tarrasa, Big Latin Band de Barcelona, Las Coplas del Querer con Miguel Poveda, La Canalla... Estuda en Granada e máis tarde trasládase a Barcelona e obtén o Título Superior de Jazz na ESMUC. No ano 2007 trasládase a Nova York onde estuda, entre outros, con Joe Magnarelli, Laurie Frink, M. P. Mossman, Avishai Cohen... No 2009 foi profesor de trompeta de jazz e música moderna no Conservatori Superior do Liceu de Barcelona. Actuou en importantes festivais internacionais e actualmente é profesor de trompeta de jazz e combo do Conservatorio Superior de Valencia.

Desde as máis diversas experiencias musicais, estes dous andaluces establecidos en Barcelona presentan un novo traballo discográfico: Aires. Engarzan composicións orixinais, clásicos do jazz, piscadelas á música contemporánea e improvisación libre. A improvisación failles asumi-lo risco de leva-la música aos lugares máis recónditos do maxín do espectador esixente e así o percorrido que ofrecen ao público no directo é, sen dúbida, de grande amplitude a pesar do exiguo da formación.