The Cornelius

31/Oct/2013 - 11:59pm

The Cornelius.Rede Galega

A mediados de abril viu a luz o seu terceiro álbum de estudio. Neste novo disco, descubrirase a esencia máis fresca e natural dun grupo, que tras tantos anos de traxectoria, reivindica o uso do seu nome de sempre e lémbranos que 1960 era o título do álbum anterior. The Cornelius contou co talentoso Iago Lorenzo para a produción e para a mestura co prestixioso e internacional Adrian Hall que traballou con artistas da relevancia de Ray Davies, Ian Brown, The Young Knives, Tom Jones, Black Eyed Peas, Robbie Williams e Pet Shop Boys entre outros. Con isto pretende asenta-lo paso xa iniciado na súa anterior etapa cara a unha carreira internacional e plural. Unha banda con espírito de rock, influenciada por un montón de vellos discos e sons pop contemporáneos, á que lle interesan as boas melodías que sabe vestir cunha elegancia pasmosa… Colaboran no disco 50, homenaxe a Beatles, cunha espectacular versión do “Drive my Car”.