Roberto Sobrado (en acústico)

10/Oct/2013 - 11:15pm

Roberto Sobrado (en acústico)

Roberto Sobrado: guitarra acústica, voz; Rafa Campoy: guitarra eléctrica, coros.

Roberto Sobrado atópase traballando no que será o seu cuarto traballo. A gravación está en proceso pero o grupo xa presenta os novos temas no seu directo: unha volta arredor de si, rockeira, unha reivindicación “resentida”, un haraquiri consciente pero non total ao cantautor que leva dentro. Sonoramente eclécticos (coma sempre) fártanse de facer chiscadelas reixianas, calamarianas, indiebeatles e incluso radioheadianas e suaves. Os textos retórcense buscando a metáfora asequible, o punto social, o escéptico, o surrealista e o amor.