Mofa e Befa

4/Feb/2012 - 11:30pm

Cultura para dar e tomar outra vez. Humor con maiúsculas

Obra optimista inspirada nas ideas dos xestores da cultura en Galiza, tanto do ámbito autonómico como do municipal. O espectáculo reproduce un acto de inauguración dunha casa da cultura por dous dos prohomes devanditos e a continuación debúllase un típico programa cultural variado, discreto e para todos os públicos. O que antigamente se chamaba provinciano e actualmente se denomina democrático. Unha xoven promesa da música e unha vella gloria da declamación suavizan coas súas actuacións os dous pratos fortes cos que os poderes públicos agasallan aos asistentes. Trátase dun receitario de nouvelle cuisine, onde o principal ingrediente é a acrobacia verbal:cociña cacofónica; e unha aula práctica de técnicas policiais para obter información. Unha auténtica oferta de cultura democrática: variedade para que todos poidan encontrar algún fragmento do seu interese por breve que sexa. Poesía, música, deporte, gastronomía e política: un espectáculo para os cinco sentidos.

Dous políticos exemplares enfróntanse a un reto cotián: inaugurar unhas xornadas culturais nun país no que xa hai Cultura para dar e tomar. E todos estamos convidados.Para comezarmos gostosamente entramos á cociña. As receitas da “Nouvelle cuisine cacofónica” son creacións feitas a lume manso por Cando estamos a agardar polo seguinte prato aparece Gustavo Adolfo Belfa e sen que nos dea tempo a reaxir sorpréndenos cun texto de corpo acedo e ataque carnoso froito dunha fermentación maloláctica. E chega por fin o prato forte: A conferencia maxistral na que se explican as Técnicas de inducción á colaboración coas forzas da orde pública. Salpementa o espectáculo o directo do singular músico Pitín Muñoz.