Fred Martins. Brasil

26/Apr/2013 - 11:45pm

Fred Martins. Brasil. Organiza: Cultura do País

Fred Martins

Cantante e compositor brasileiro dono dunha ampla formación musical e dunha traxectoria singular en creatividade e ritmos. Ten catro discos publicados en Brasil -Janelas (2001), Raro e comum (2005), Tempo Afora, (CD e DVD, 2008), Guanabara (2009)- e un en Galicia con Ugia Pedreira -Acróbata (2011)-Vencedor no 2006 do 9º Prêmio Visa de Música Brasileira, fíxose a maiores co voto popular no mesmo.Maria Rita, Ney Matogrosso ou Zélia Duncan gravaron temas do fluminense. Actualmente dedícase a divulga-lo seu traballo en Europa, ademais traballa noutras formacións como os dúos Acróbata (con Ugia Pedreira), A grande casa (con João Afonso) e o último proxecto de María Pagés, Utopía, no que actúa como compositor, cantante e guitarrista.