Enrique Ramil

3/Oct/2013 - 11:15pm

Enrique Ramil: "Casette session" Versións de diferentes épocas e xéneros Enrique Ramil: voz; Fernán Gómez: guitarra.

“Din da música que é a linguaxe universal, unha linguaxe expresada en multitude de idiomas -musicalmente falando- que se moven á marxe do empregado polos letristas e cantantes para dar forma ás súas melodías. Neste especial medio de comunicación, acontecen ás veces disputas entre os diferentes ‘guerreiros da lingua’, falsos posuidores da verdade absoluta que enaltecen o seu estilo por riba dos outros atendendo a (supostas) razóns obxectivas. Afortunadamente, ás veces pasa todo o contrario e algún artista decide unificar en lugar de destruír, traducir en vez de queimar as bibliotecas alleas. Este é o caso de Enrique Ramil que interpreta temas como:"Why don't you love me" (Beyoncé), "Yesterday" (The Beatles) e "Hallelujah" de Cohen.” Rubén Rosende