Cesk Freixas

25/Oct/2013 - 11:45pm

Cesk Freixas.Encontro coa Cultura Catalana

Organiza: Asociación Cultura do País.

Cesk Freixas é unha das voces máis importantes da nova escena da canción catalá. Con xa 5 discos publicados e con premios no seu haber como o Enderrock ao mellor artista do ano, Cesk Freixas mestura a canción de autor con rock e música electrónica e as súas letras son comprometidas e actuais. Colabora habitualmente con músicos como Víctor Nin ou Toni Mena. Con Imparables, publicado como single no ano 2013, acaba de consolidar o seu nome como un dos fundamentais da música catalá. 2004: Maqueta (autoedición). 2005: Set voltes rebel (Bullanga Records). 2006: Les veus dels pobles lliures (autoedición); versións. 2007: El camí cap a nosaltres (RGB Suports). 2009: La mà dels qui t'esperen (Temps Record). 2012: Tocats pel foc (Temps Record).