Carlos Blanco

12/Apr/2013 - 11:45pm

Carlos Blanco ao vivo... Xa o coñecedes, ten días: actor, humorista, director, guionista, presentador... e ata cociñeiro na especialidade “ensaladas hilarantes”. Coñecédelo, ten o humor negro, o folk oral... ... Ao vivo, ata hoxe sempre, e espectacular!

En abril volve ao Clavi e ha facer monológamos por unha noite a lobos e a cisnes quen dixo dedicarse aos monólogos por casualidade. En xaneiro, máis de dous milleiros de persoas acudían á presentación, no Teatro Colón da Coruña, do espectáculo Ao vivo (de momento) no que o artista reuniu os mellores monólogos do seu repertorio en 12 anos de carreira, recomendándoos para maiores de 14. Sen dúbida é un dos personaxes máis representativos da nosa cultura -todo conexión co público, todo xira pola xeografía galega; cunha amplitude de regueifa-, pero representativo de si mesmo dino ademais a improvisación e o brillo, a querenza pola retranca e o agarimo dun xeito particular e á vez universal. Gargallada no aire e sorriso en fondo de cunca. http://carlosblancoaovivo.com