Blue Sunday.Delicatessen

17/Oct/2013 - 11:00pm

Blue Sunday.Delicatessen

Iván Reija: guitarra; Noe González : voz.

Un novo proxecto duns bos músicos, e boa xente da nosa cidade, que experimentan coa voz e arriscan cuns temas nada fáciles de interpretar buscando a curvatura da curva, buscando o rizo do rizo e tocándolle as fibras máis fondas á xente. Lonxe da facilidade da música con connotacións festivas, arriscan para conseguir unha atención á que non estamos acostumados e esixen un ambiente intimista. Veremos do que son capaces cada un no seu difícil papel: Reija na guitarra, espida, sen apoio en fronte á cornamenta do touro e Noe acompañando e ao mesmo tempo dirixindo uns temas que non deixarán a ninguén indiferente. Gracias por intentalo. Sabemos que o ides lograr. Arriba os novos proxectos.