Ben Salter

2/Oct/2013 - 11:15pm

Ben Salter

Músico australiano de longa traxectoria integrante de varias bandas e que hai un pouco máis dun ano sacou o seu primeiro disco en solitario, The Cat, que foi producido por Gareth Liddiard, de The Drones. O disco é fantástico, moi variado, moi pop, e o directo acústico que presenta en solitario é magnífico. Unha voz impresionante.