Andrés Suárez

13/Jan/2012 - 11:30pm

Unha vez máis nos vista este entrañable cantautor galego (de Ferroltera) que ven a presentarnos o seu derradeiro traballo:“Cuando vuelva la Marea”

Grabado nos estudios Santa Rosa de Alcalá de Henares , este disco presentase como o máis consolidado e firme da súa carreira.

Neste disco que conta coa dirección musical e arranxos de Alfonso Pérez (Alejandro Sanz, Marta Sánchez, Estopa, Andrés Calamaro, Miguel Bosé, Rosana, Niña Pastori…) é onde saen máis á luz as influenzas deste galego i ao mesmo tempo é o máis heteroxéneo que contén a vez: dende sons celtas ata o máis puro rock pasando pola balada ou o pop británico, e conta ademáis con temas que son xa clásicos no seu repertorio de directo como “No te quiero tanto”, “Piedras y Charcos” o “La ví bailar flamenco”, así como cinco temas inéditos entre os que se inclúen “Imaginanos”, “A media estrella” y “Lo malo está en el aire”, que é a canción elexida como primeiro single do disco.

“No hay nada mejor que escuchar todo tipo de música, y cuando digo todo es todo, ya que toda música es un acierto, es real”.

“Cuando vuelva la marea” sae baixo a discográfica Relocos Records, coa intención de superar os 4000 discos vendidos do seu anterior traballo “Maneras de romper una ola” (sen promoción nin apoio discográfico).

Con este novo traballo Andrés Suárez abandoa o seu status de “xoven promesa” para posicionarse como un dos artistas e autores referentes do panorama musical actual español.