Amesmalúa

16/Oct/2014 - 11:00pm

Amesmalúa

Amesmalúa Propón unha viaxe de encontros ligada ás músicas con raíz, unha maridaxe de memoria e paixón entre o flamenco e a canción popular galega. Ademais de coplas, cantigas e adaptacións, Amesmalúa interpreta temas propios coa pegada do seu carácter aberto, mestizo e creador. Co primeiro disco, La misma luna (2013), distribuído pola compañía 18 Chulos Records, déronse a coñecer en España -Womad e Estivalia (Cáceres), Ritmos Étnicos de Discópolis (Radio 3), Sons Tránsitos (Santiago DC)- e no estranxeiro -onde destaca a súa participación no festival Womad de Charlton Park (Inglaterra) e nun concerto en Alxeria-.