Adán Jorge

26/Oct/2013 - 11:59pm

Adán Jorge

Presentación do seu primeiro disco, Abundancia. Adán Jorge: guitarra, voz.

Adán Jorge (Lugo 1982) é un compositor e guitarrista que creceu influenciado pola música popular brasileira, a música de autor e mailo jazz. No ano 2013 gravou o seu primeiro traballo de estudio, Abundancia, oito temas con harmonías que beben dunha e doutra beira do Atlántico ademáis de regalar letras coidadas ata o último detalle. Para iso contou coa colaboración de artistas da categoría de Xoán Curiel, Paulo Silva, Alberte Rodríguez, Najla Shami e Ariel Ninas.