XXVIII FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO

10/Nov/2018 - 11:30pm

XXVIII FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO

Club Clavicémbalo 10/11 23:30 horas PABLO CASTANHO / MARCOS PIN Jazz Orchestra

Pablo Castanho e Marcos Pin, célebres e veteranos músicos, lideran esta ambiciosa orquestra de jazz (big band). Todo un luxo musical que xorde con dous propósitos na mente: dar vida a un repertorio único, exclusivo e demandante de músicos especializados e non esquece-lo necesario labor didáctico que supón para os intérpretes máis novos aprender, vivi-la experiencia e desenvolver esta, tan especial, forma e habilidade de tocar jazz en sección. Catro trompetas, catro trombóns, cinco saxos e unha vibrante sección rítmica que, sen dúbida, son capaces de crear atmosferas, evocar sentimentos e facernos viaxar no tempo.

Pablo Castanho: saxo alto, soprano, frauta e clarinete Pablo Añón: saxo alto Sarunas Pupelis: saxo tenor, frauta e clarinete Jose García: saxo tenor e soprano Martinho Mato: saxo barítono Javier Pereiro GDJazz: trompeta e fliscorno Hansel Luís: trompeta e fliscorno Abel Gañete: trompeta Fernando Rei: trompeta Ginés Guerra: trombón Diego Rodríguez: trombón Luís Miranda: trombón Grigore Buftea: trombón Manuel Gutiérrez: piano Juan Cañada: contrabaixo Miguel Cabana: batería Marcos Pin: dirección, composición e arranxos