Xacobe Martínez Trío+ Ton & Teira. Rede Galega

18/Oct/2019 - 11:30pm

Ton & Teira. Rede Galega

Ton Risco:Vibráfono;Marcos Teira:Guitarra flamenca A Galiza non é terra de flamenco, pero tampouco é lugar onde abunden os vibrafonistas de jazz. Quizáis é por iso que estes dous músicos infrecuentes se buscasen para vivir un affair musical no que cordas e láminas conforman unha mini orquestra dirixida por uñas e baquetas. Dous instrumentos de forte carácter percusivo e timbres diferentes que se atopan nun nov entendimento. Dúas persoalidades musicais con experiencias diversas, pero con puntos en común que, sen outra intención que a de disfrutar un do outro, xuntan na música deste dúo unha coleción de temas que abrangue standards de jazz, música sudamericana, flamenco ou temas de composición propia. A maxia dun encontro inesperado.