Víctor de Diego Trío

3/May/2013 - 11:46pm

Víctor de Diego Trío

Víctor de Diego (colaboracións: Tete Montoliú, Bebo Valdés, Frank Wess, Jesse Davis, Randy Brecker, Chano Domínguez, Nicholas Payton, Javier Colina, Carles Benavent, Idrish Muhammad, Jeff Ballard, Al Foster, Phil Woods, Jon Faddis, Dick Oatts, Benny Golson, Kurt Elling, etc., etc.): saxo tenor, soprano; Jordi Gaspar: contrabaixo; Gonzalo del Val: batería.

É a nova proposta do saxofonista Víctor de Diego, que encontra un vehículo de expresión diferente do habitual en cuarteto. Aínda que non é a primeira vez que traballa nun trío, retoma agora esta estrutura cunha formación que ofrece, como características máis importantes, liberdade, frescura e interacción dos músicos. O trío interpreta música de grandes compositores de jazz sempre cunha visión persoal condicionada pola ausencia de instrumentos harmónicos e engadindo arranxos propios, de maneira que o resultado é unha música creativa, directa e interactiva