TROY REDFERN BAND

22/Jun/2018 - 11:45pm

The Troy Redfern Band | Blues/rock | UK

Troy Redfern: guitarra, voz; Alex Bridge: batería; Stjohn Milinzcuk: baixo.

Troy Redfern é un músico de estilo roots, blues, rock e experimental que toca a guitarra desde os doce anos. Backdoor Hoodoo’, o terceiro disco na historia de The Troy Redfern Band, a banda que, despois de curtirse en diversas, decidiu fundar para poder toca-lo blues que lle gustaba, ese que bebía das fontes de Hound Dog Taylor, Sonny Sharrock e Johnny Winter. En The Troy Redfern Band cada canción pode chegar a soar como unha puñada na mandíbula. Executa un duro, moi duro, e cru raw rock blues que semella pasar, locomotora a toda velocidade, por riba dos oíntes. Quedades avisados.