The Black Marbles

20/Jan/2018 - 11:55pm

The Black Marbles | Rock | Suecia

Marica Svensson: voz; Rickard Lindberg: guitarras; Krister Selander: baixo; Tobbe Bovik: batería.

Volve ao noso país durante o mes de xaneiro The Black Marbles, unha banda de blues hard rock que se formou no 2009 na cidade sueca de Göteborg. O seu son caracterízao unha mestura de elegancia, enerxía, corazón e alma que se unen para sacudi-lo teu mundo e levarte ata un nivel superior en directo. Marica Svensson, posuidora de gran rango vocal e de electrizante presencia no escenario, dirixe a banda. A pesar da súa xuventude ten o espírito e a actitude dos mellores cantantes de rock dos anos sesenta e setenta. É, así mesmo, membro de The Black Brew, banda tamén sueca. The Black Marbles bota a mirada cara atrás e recrea os seus temas inspirándose no rock máis clásico, no blues, no hard rock… coa categórica firmeza que prodiga un gran talento creador. Doce cortes que non teñen desperdicio e pechan coa magnífica versión «The Stealer» dos míticos Free. De momento, se aínda che quedan dúbidas, podes escoita-lo seu primeiro traballo Made In Concrete, a ver se despois queres perder algunha das súas actuacións