Tango en Xan3iro

24/Nov/2017 - 11:30pm

Tango en Xan3iro .Folk.

Bruno Villamor: zanfona, gaitas, requinta e percusións; Marisa Dapereira: acordeón; José Ramón Saborido. Clarinete baixo; Patricia Coucheiro:voz Presentarán o CD:”Meu Pitiño”

Catro fontes de harmonía que conflúen casi por casualidade no Berce do Miño dan lugar a Tango en Xaneiro a finais do ano 2015.Unha zanfona, un clarinete baixo e un acordeón con raiolas de gaita e voz, dan a súa particular lectura de melodías tradicionais facéndoas propias, e interpretan melodías propias achegándoas ao tradicional. Dan a súa lectura da música tradicional galega.