Raúl Rodríguez GPS (Girando por salas)

2/Mar/2019 - 11:30pm

Raúl Rodríguez GPS (Girando por salas)

‘La Raíz Eléctrica’ (Afro-Flamenco-Eléctrico)

Raúl Rodríguez: voz, tres eléctrico, tres flamenco; Mario Mas: guitarras flamenca e eléctrica, coros; Juanfe Pérez: baixo, coros; Pablo Martín-Jones: batería; Jordi Fonels: palmas, coros; Marco Aguilar: baile flamenco.

Raúl Rodríguez presenta La Raíz Eléctrica (Fol Música, 2017), segundo traballo en solitario do artista sevillano, nova aventura na que conviven con naturalidade xéneros como o afrobeat, o flamenco, a psicodelia, o son cubano, os ritmos do voodoo haitianos, o rock andaluz e a canción de autor americana, creando un novo territorio sonoro, o afro flamenco eléctrico, que nos leva a unha viaxe multicultural na que o baile flamenco é vehículo condutor.

Desde a súa espléndida edición en forma de libro disco o pasado setembro, con portada de Javier Mariscal, prólogo de Santiago Auserón e colaboracións musicais como a do mesmísimo artista norteamericano Jackson Browne entre outros, non parou de recibir inmellorables críticas e recoñecementos por parte da prensa e público tanto nacional como internacional, destacándoo como un dos mellores traballos do pasado 2017.