Oswaldo Digón. Monólogo

22/Jun/2017 - 11:00pm

Oswaldo Digón | Narrador cómico

Presenta Anecdología: Sumario Cómico de la historia cotidiana.

«Los científicos dicen que estamos hechos de átomos, pero a mí un pajarito me contó que estamos hechos de historias» (Eduardo Galeano. Periodista e escritor uruguaio). ANECDOLOGÍA é o rexistro das «crónicas» que escoitei, vivín ou lin agardando no aeroporto, viaxando no tren ou sinxelamente sentado nalgunha cafetería. Non todas son auténticas; algunhas non sucederon ou sucederon a persoas distintas daquelas a quen se atribúen, pero todas teñen unha GRANDE DOSE de COMEDIA. A anécdota é amable e anónima, o humor polo humor coa vantaxe de ter acontecido e non ser unicamente filla da imaxinación..., ou si... Iso revelarase ao final de cada unha das historias e, créanme, a realidade supera sempre a ficción.