On Fire. Tributo a Jimmy Hendrix

2/Nov/2018 - 11:50pm

On Fire. Tributo a Jimmy Hendrix

César Yáñez: batería; Jenel Vérez: baixo, coros; Carlos Moreno: guitarra, voz. A banda galega que rende tributo á música de Jimi Hendrix chega de novo ao Club Clavicémbalo para disparar, en forma de trío, parte do repertorio do xenio das seis cordas. Descarga de puro rock apta para non fans e para incondicionais, que atoparán nela a esencia de Jimi con The Experience.