O SISTER!!! CICLO 1906

25/May/2018 - 11:45pm

O SISTER!!! CICLO 1906

? VENRES 25... O Sister!!!

Paula Padilla, Helena Amado e Marcos Padilla: voz; Matías Comino: guitarra; Camilo Bosso: contrabaixo; Pablo Cabra: batería.

O grupo de swing O Sister! recrea o esplendor deste xénero musical nas décadas de 1920 e 1930. Presenta o terceiro LP, que supón un fito na súa traxectoria ao incluír non só a interpretación e os arranxos sobre cancións desa idade de ouro do jazz, senón tamén unha serie de composicións propias e a evolución do seu son cara ao jazz primixenio, o dixieland. A banda foi adquirindo e integrando este estilo no repertorio desde a súa xira por Nova Orleáns (EEUU), a finais do 2014, seguida de actuacións en festivais internacionais de Grecia, Dinamarca, Suecia e, recentemente, Malaisia. Prestixiosas citas ás que engadi-los douscentos concertos superados en algúns dos máis relevantes eventos e escenarios nacionais como os festivais de jazz de Vitoria e Madrid e as salas Clamores, Café Central (Madrid) e Jamboree (Barcelona).