O mundo de Martiña. Monólogo teatralizado

23/Sep/2022 - 10:30pm

O mundo de Martiña. Monólogo teatralizado

Raquel L.Cendán/Pedro Insua. Técnico:José Antonio Salvador

Monólogo teatralizado ,musicado e entretecido con cancións no que coñeceremos a Martiña, unha nena curiosa e espilida que non logra entender por que ten que obedecer sempre: iso de que estea Deus, o Ratiño Pérez, os Reis Magos vixiándoa todo o tempo para xulgala, aínda lle gusta menos. E ao medrar descobre que aínda podía ser peor...