Javier Krahe
6/May/2011 - 11:30pm
Krahe presenta os temas de "Toser y cantar" (18 Chulos Records, 2010). Tres anos despois do disco anterior, o mestre Javier Krahe volve á actualidade cun novo disco- libro nos estantes, o seu décimo terceiro. "Toser y cantar" contén once novas cancións onde o cantautor madrileño segue espremendo a súa retranca e lucidez á hora de expoñer a realidade do mundo e dos seres que o habitan.
- Javier Krahe: voz
- Javier López de Guereña: guitarra
- Fernando Anguita: contrabaixo
- Andreas Prittwitz: saxos.