IV Tradilucus Habelas Hainas

15/Jun/2018 - 11:45pm

IV TRADILUCUS: Habelas Hainas

Arantza Alfaia: tamboril, caixón, darbuka, ferriños, voces; Patricia Gamallo: gaita, adufes, guitarra, voces; Jara Ortiz: voz, bombo, pandeireta; Sandra Tamayo: acordeón, pandeiro, voces.

Xorde no 2010 cando as catro mulleres que compoñen o grupo, cada unha cunha longa traxectoria no mundo da música tradicional, se cruzan unhas coas outras no camiño. Forman un crebacabezas onde os seus estilos se complementan de forma persoal. O punto de partida é a música instrumental de raíz da que se valen, cos recursos dos instrumentos tradicionais, para crear un son enérxico, fresco e orixinal. HABELAS HAINAS, logo dun intenso percorrido como músicas ao vivo, presentan, dende unha perspectiva feminista e social, LIVRES E LOUCAS, o seu primeiro traballo discográfico.