Grim Tim.Holanda

1/Mar/2019 - 11:30pm

Grim Tim.Holanda

GRIM TIM son unha mestura única, sofisticada e dinámica de blues, funk e rock que recorda os días de gloria do rock and roll. As súas cancións son pegadizas con ritmos desenfreados e enormes coros deseñados para que te ergas e bailes. Unha crúa enerxía natural alimenta shows en directo repletos de improvisacións. Dirixidos por un líder carismático de voz poderosa e cativadora, David Henry, que loce elegante estilo de toca-la guitarra e é propulsado por unha sección rítmica atronadora, este power trío holandés convértese nunha forza da natureza a ter ben en conta. Grim Tim compartiu escenario con bandas como Wolfmother, The Editors e Birth of Joy e difundiu o seu evanxeo por toda Europa. A finais do 2017, a banda lanzou tres novos singles, ofreceu trinta e catro shows en clubs de toda Europa e foi cabeza de cartel no festival Popronde Showcase.