Dobre Programa: Dani Flaco + Igloo (Rede Galega)

8/Jun/2018 - 11:00pm

Dobre Programa: Dani Flaco + Igloo (Rede Galega)

Ás 23:00 horas... Dani Flaco Hai dous anos que o artista de Bellvitge nos presentou o seu traballo anterior, Versos y madera, e once leva xa sobre os escenarios. Volve con novo disco, Verbenas y Fiestas Menores, un Dani Flaco máis roqueiro, pero, sobre todo, máis maduro, escritor de cancións coidadas en maior medida e músico de identidade peculiar en progreso.

? Ás 24:30 horas... Igloo Rede Galega

Vén ao mundo no 2005. Quen fala de Igloo fala de solvencia, saber estar, calidade e elegancia. Tamén perseveranza, loita e, ante todo, capacidade para levantarse e volver empezar. A banda regresa ao grande e faino presentando un novo álbum, o sexto de estudio, Aquellos maravillosos daños, atrás quedan actuacións en Los conciertos de Radio 3 e múltiples premios en certames nacionais: Los 33 de UFI (actuais MIN), certame Myspace para ser teloneira de Franz Ferdinand, premio ao mellor directo Maketón 40 Principales... Ademais, foi merecente de dous nomeamentos consecutivos (2016 e 2017) aos Premios Mestre Mateo, considerados os Goya da Academia Galega, e fíxose finalmente co galardón polo seu videoclip «Restos de un naufragio».