Carmen Rey

9/Mar/2018 - 11:30pm

Carmen Rey

Presenta o novo traballo: “mañá”

Carmen Rey: piano e voz; Angeles Dorrio e Sara Lorenzo:coros

Mañá… chega tras oito anos dende a publicación do anterior disco, Meu, e con selo independente, mentras que o seu álbum debut editouse con Xingra e co compositor e músico Nani García como productor. Neste tempo, Carmen compaxinou o seu proxecto persoal co traballo á fronte doutros proxectos. A artista é directora e arranxista do coro feminino de música negra Sisters in the House (finalista dos premios Martín Códax) e do cuarteto vocal Ejazz (gañadoras do Martín Códax, 2017 na categoría de coros e música vocal).Na súa carreira, Carmen Rey compartíu escenario con Nani García, Jorge Pardo, Brian Trainor, Perico Sambeat, Jeff Jerolamon, Richie Ferrer, Tom Gullion, Baldo Martínez... e fixo colaboracións con diferentes artistas galegos como Xabier Díaz, Pablo Díaz, Xosé Manuel Budiño, Emilio Cao, Verónica Ferreiro, Angeles Dorrio. Destacando a gravación da banda sonora de De Profundis, de Miguelanxo Prado, xunto a Ainhoa Arteta