Carlos Sarduy Quartet 10º Ciclo 1906

17/Jun/2017 - 11:55pm

Carlos Sarduy Quartet 10º Ciclo 1906

Carlos Sarduy: trompeta; Javier Masó Caramelo: piano; Dani Noel: baixo; Mel Semé: batería.

Considerado actualmente como un dos trompetistas cubanos con maior proxección internacional, Carlos Sarduy (La Habana, Cuba) é, ademais, percusionista e compositor. Sen discusión, trátase dun dos principais referentes do actual jazz cubano en España. A pesar da súa xuventude, xa colaborou con numerosos músicos de jazz como David Murray, Chucho, Bebo Valdés, Esperanza Spalding e o tamén cubano Román Filiu, con quen gravou o brillante Blowin’ Reflections (2005) sendo membro destacado do seu quinteto. Ilustre músico de sesión, a súa trompeta pódese escoitar, así mesmo, en gravacións de artistas doutros xéneros como Lenine, Ainhoa Arteta, Mariza e Concha Buika e en películas como La piel que habito (Pedro Almodóvar) e Chico y Rita (Fernando Trueba). Ambientes naturais para el son, non obstante, o bebop e a música afrocubana.