CARLOS BLANCO

9/Jun/2017 - 11:30pm

CARLOS BLANCO

Carlos Blanco decidiu interromper unha tempada as súas actuacións. Neste momento está a rodar para Antena 3 a serie FARIÑA, na que encarna nada máis e nada menos que a Laureano Oubiña. Durante seis meses, regresa ao traballo de actor pero, aínda así, mantén o seu compromiso anual co Clavi e estará con nós estes días... Grazas Carlos! «Encontro co público lugués, o mellor público de Galicia, no mellor local de Galicia, o Clavi», Carlos dixit. Non deixedes para última hora o das entradas. Localidades limitadas a petición do artista.