Carlos Blanco

4/Jun/2011 - 11:30pm

Porque hai quen fai pop rock, ou funk, ou rap… mais o de CARLOS BLANCO é Folk Oral. Un xeito de facer as cousas, de facer rir, de improvisar; de revisar o día a día deste país noso. Que xa é revisar! Pero de “buen rollo”, digamos. Un estilo máis que un título. Unha marca.

O contar caótico volcánico de Carlos Blanco, os mil e un personaxes que desfilan cada noite polas súas historias/monólogos/sucedidos/o que sexan. Sen receita médica. Só para adultos/as, iso si. Con listas de espera tamén, signo dos tempos que vivimos. Máis de 100 actuacións no 2009 por toda Galicia… e por Londres… e por Porto… Cheos e cheos cada noite. Risos e gargalladas garantidos. Ollo! Pode crear adicción!