Brigan. Italia

15/Feb/2018 - 11:00pm

Brigan. Italia. Folk.

Francesco Di Cristofaro: voz, acordeón, gaitas:alistana, sanabresa e galega, zampogna, pito pastoril, tin e low whistle; Sisco de Giugliano: mandolina, bouzouki. Ivan del Vecchio : guitarra clásica, guitarra acústica, guitarra de 12 cordas, mandoloncello; Gabriele Tinto: coros, arpa de boca, pandeiretas, pandeiro cadrado, pandeiro de Peñaparda, tamburelli, tammorra, castañolas, vieiras, almirez, bombo, platillos, caixa redoblante, zambomba; Simone Lombardi:coros, botella de anís, tambor, pezuñas de cabra, bombo.

Rúa San Giacomo, ideado e gravado entre Vigo, Santiago e Sant’Arpino (preto de Nápoles), é o froito de anos de investigación e longas estancias en terras ibéricas. Brigan logra encadrar neste traballo unha parte do repertorio, historias e músicas que durante séculos os peregrinos atoparon no seu camiño cara a Santiago. Son catorce pezas, catro delas inéditas, a cabalo entre Atlántico e Mediterráneo nas que coexisten as sonoridades do sur de Italia coas variadas linguaxes e formas musicais de Galicia, Asturias e Portugal. Alalás, villanellas, muiñeiras, xotas, tarantelas e cantos de traballo fúndense nun único son e linguaxe, o de Brigan.