Berlai

9/Feb/2018 - 11:30pm

Berlai

Xiao Berlai: voz, guitarra e mandolina;Pablo Pérez: baixo;Iago Mouriño: teclado Bruno Couceiro:batería;Ernesto G. Torterolo: ilustraçons ao vivo

BERLAI é un proxecto moi persoal de Xiao Berlai que aúna música, poesía e banda deseñada. Berlai é o primeiro proxecto do Xiao Berlai (Fía na Roca), que uniu o seu talento musical á creatividade do ilustrador Gerardo Torterolo para contar unha historia de soños e amores imposibles en fomato libro-cd.'Desconhecido' é o seu primeiro froito. Un collage de cancións, debuxos, poemas e secuencias, cunha narrativa paralela de ilustracións, música e poesía. É a historia real dun home descoñecido, solitario, que preferiu vivir a súa vida como se fose un soño. Unha historia que combina unha mestura explosiva de realismo suxo, cru e obsceno co lirismo máis sensible. Onde o romantismo e a historia de amor non conseguen escapar do sexo, da loucura e do desespero. E onde se transforman, no plano musical, en pop-rock con pingas de trad ou mesmo de ska, que nos traen mensaxes intimistas e tamén comprometidas.En directo, Berlai ofrece un espectáculo único onde se combina a música (cunha banda de cinco artistas), a voz de Xiao e os debuxos de Torterolo para contar a historia de 'Desconhecido'.