As Ramilettes Dous pases: 20:30 h. e 23:30 h

29/Dec/2017 - 8:30pm

As Ramilettes Dous pases: 20:30 h. e 23:30 h.

A perruquería. Teatro musical

Intérpretes: María Castro, Olaia Otero, Pedro Ínsua, Luis Monsalve e Raquel López.

As Ramilettes regresan co seu puré de cabaré para poñer un pouco de risa e orde na vida. Ingredientes: un manipulador impenitente, unha muller asolagada nunha relación, un anel, unha guitarra, un inspector da SGAE, unha muller andróxina fozando no cumio dun mundo de homes, un piano e unha peiteadora que fai o mellor dos barbeados. Resultado: cortes de cabelo con precisión nunha festa para os sentidos que non esquecerás doadamente. Achégate e celebra ao estilo das Ramilettes, a última gran festa do ano.