A Banda da Loba

13/Jan/2018 - 11:45pm

A Banda da Loba

A Banda da Loba | Música de autora/músicas do mundo Andrea Porto: guitarra, baixo; Inés Mirás: guitarra, teclado; Marcela Porto: batería e outros instrumentos de percusión; Estela Rodríguez: violín; Xiana Lastra: voz.

Integrada por cinco mulleres que decidiron uni-las súas traxectorias individuais para dar voz a esta nova, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicar composicións de poetas célebres e outras tomadas dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial e Celia Parra. Todo isto baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e que fai do seu repertorio un fantástico calidoscopio musical. Neste momento están a presentar por toda Galicia o seu primeiro traballo discográfico Bailando as rúas, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras.