Youdog!!

13/Feb/2015 - 11:55pm

Youdog!!.Rock Xane: batería;Juan:voz ; Miguel:baixo;Bruno: guitarra

Youdog!! Banda que destila un rock perfectamente definido polo nome do seu disco. Non existe etiqueta posible porque o eclecticismo brilla ata o punto de converte-la música nunha amálgama de harmonías e gustos. Non en van se trata dun grupo que versionou temas de Morrissey, The Who, Ramones, Pearl Jam, Satyricon e Jace Everett sempre levándoos ao seu terreo e sen perder nin un ápice da personalidade dos temas propios. Ofrece un grande espectáculo que supón o regreso dun rock sen complexos, con boa posta en escena e cun coidado especial no son, que o é todo á hora de mostrar o que se ten e o que se pode dar. Parece ser que o rock volveu e, desta volta, sen máscaras nin etiquetas predicibles.