The Bongo Club

21/Nov/2014 - 11:55pm

The Bongo Club.Indie/ Rock| Suecia
Jesper Jansson: guitarra, voz principal; Erik Ahlblom: guitarra, coros; Fabian Brogby: baixo, coros; Jonatan Andrén: batería

The Bongo Club Están seguros de que non se precisan computadores, backtracks ou DJ para ofrecer música arriscada e, aínda por riba, mante-lo público activo e suorento sen outra cousa que un feixe de boas cancións e unha posta en escena brutal. Estes rapaces da pequena cidade de Borås en Suecia escriben cancións cativadoras e ás veces engádenlles case demasiado ritmo, pero sempre están dispostos a embarcarse en mortíferas melodías de latexo realmente firme. O seu son está influenciado por algunhas das grandes bandas británicas de indie rock, ao cal non é un segredo que engaden a súa xuventude, hiperenerxía e maior dinamismo musical. O seu primeiro álbum foi gravado e posto á venda en setembro; eles están a viaxar todo o que lles é posible para demostrar que non hai ningún show como un auténtico show de rock. The Bongo Club veno desa maneira, e posúen as cancións, a forza e o ritmo para probalo.