RS FAKTOR ATLANTIC “equanimity”.Jazz. Euskadi/Galicia

5/Apr/2024 - 10:30pm

RS FAKTOR ATLANTIC “equanimity”.Jazz. Euskadi/Galicia

Rubén Salvador: trompeta, flugel; Pablo Añón.saxo teno; Iago Mouriño:piano/teclados;. Simón García:contrabaixo; Miguel Cabana:batería.
Rubén Salvador fai parada e fonda por terras galegas para presentar Equanimity, o seu terceiro traballo discográfico como frontman, Rubén Salvador é titulado superior en trompeta Clásica e Jazz, conta con máis de corenta gravacións en estudio e acumula centos de colaboracións en directo, que van dende o pop-rock (Kiko Veneno, Los Enemigos, La M.O.D.A...) ata o Funk ou o Reggae, Soul, (Travellin’ Brothers, The Allnighters, Amoeba Split…) actividade que combina coa participación en musicais, B.S.O de películas, big-bands, e a docencia, como profesor do Conservatorio Profesional de Donostia-San Sebastián, e profesor titular da EIJO (Joven Orquesta de Jazz de Euskadi). Equanimity ten esa cousa etérea de estar formado non por melodías ou armonías, senón polo seu recordo. Equanimity é un salmo policromado, que conecta ao Donald Byrd de A New Perspective (Blue Note, 1964) ou ao Ambrose Akinmusire de The imagined savior is far easier to paint (Blue Note 2014) co Takuya Kuroda de Zigzagger (Concord,2016); aspira á trascendencia e quere ser espiritual, pero no se deixa caer na languidez e está salpicado con moi bo gusto con trazos de auténtico Afro-Beat, Reggae, ou Second-lining..