Rainbreakers

9/Nov/2018 - 11:50pm

Rainbreakers

Rainbreakers | Blues/rock | Inglaterra Ben: guitarra, voz; Charlie: guitarra; Peter: baixo; Sam: batería. Banda orixinal de Shrewsbury (Inglaterra) e composta por catro membros que se recoñece por ser das máis frescas en canto a interpretación de blues rock e soul no Reino Unido. Elaborou un son moi particular, caracterizado pola fusión de elementos dinámicos, que salva a brecha entre o blues, o rock, o pop e o soul. O grupo está especialmente interesado en música retro dos sesenta e setenta. A súa actuación no Great British Rock and Blues Festival do 2016 en Skegness gañoulle o voto do público e unha praza no Main Stage (escenario principal) na edición de 2017. Os esforzos da banda chamaron, ademais, a atención dos implicados nos British Blues Awards, que a nomearon para o Barry Middleton Award a mellor artista revelación do 2016. Que gusta é seguro.