OS MINHOTOS

30/Mar/2018 - 11:50pm

Os Minhotos. Folk

Os Minhotos Son: Paula Fernández, Alberto Castro, Carme López, Xaneco Tubio e Vitor Otero

Presentarán temas que formarán parte do seu próximo disco e recuperarán parte do seu repertorio habitual. Coa incorporación de Carme López, Os Minhotos integran na súa formación a voz como elemento fundamental do novo repertorio. Sen perder a identidade musical rexistrada no traballo discográfico Pinga D´auga (2013), as novas propostas musicais de Os Minhotos son unha aposta pola creación de paisaxes sonoras nas que a voz destaca como novidade..